quinta-feira, 12 de dezembro de 2013

BICICLETADA SOLIDARIA CO CSO PALAVEA!

O próximo SÁBADO 14 de decembro, ás 12:00 h, sairá dende o Obelisco unha bicicletada solidaria co CSO Palavea.



Acude e difunde!!!

quinta-feira, 5 de dezembro de 2013

XORNADAS DE III ANIVERSARIO NA CASA DO VENTO!


Xs compas de Compostela celebran o seu III aniversario o XOVES 12 e VENRES 13 deste mes co seguinte programa:


III ANIVERSARIO DA CASA DO VENTO: 
Xoves 12
20.00 Gran Cabaret: música, poesia, malabares, clown, teatro, titeres… E ceador vegano. Se queres ser unha das artistas deste cabaret só tes que dicilo…
Venres 13
11.30 Obradoiro de Seitán e comida Vegana.
14.00 Xantar Vegano.
16.00 Gymkana de Okupación.
18.00 Presentacion da Oficina Galega de Okupacion e da publicación do Manual de Okupacion.
20.00 Dinámica de antipsiquiatria e espazo de reflexión e debate.
21.30 Ceador Vegano e foliada.
22.30 Campionato de Matraquiños, karaoke e máis música.
Acude e Difunde!!

segunda-feira, 2 de dezembro de 2013

Concentración contra o desaloxo do C.S.O Palavea


O pasado día 20 de novembro comezou o xuízo contra o Centro Social Okupado de Palavea,  compartimos estas imaxes dende a web de GzContrainfo:


O xuízo viuse aprazado ata o próximo 12 de decembro.

Non ao desaloxo do C.S.O. Palavea!



XUÍZO AO C.S.O. PALAVEA!

Recollemos dende o blogue do C.S.O Palavea o seguinte comunicado:

Dende a asamblea do Centro Social Okupado de Palavea queremos facer público o seguinte comunicado:
En anteriores comunicados informamos da compra do edificio que xestionamos por parte dun empresario local que pretende montar un novo asilo privado. Tamén informamos dos intereses exclusivamente lucrativos que se agochan tras desa operación, así como do aproveitamento da nosa presenza no espazo para abaratar a compra.
Agora sabemos que, ademais do proceso penal pola okupación, xa hai máis de dous anos, do edificio, os novos “propietarios” iniciaron outro proceso pola vía civil buscando o desaloxo. Pese a que a denuncia penal aínda segue aberta, semella que o proceso civil, do que nós non tiñamos noticias ata hai apenas dúas semanas, adianta pola dereita ao outro proceso e fixa a data do xuízo, nun asombroso alarde de nostalxia fascista, para o vindeiro 20 de Novembro. Dúas persoas atópanse imputadas, xunto cunha terceira denuncia para os “ocupantes da casa”; pídese, como fianza para oporse ao xuizo, a desorbitada cantidade de 200.000 euros (ollo! é unha fianza para cubrir os posibles danos ou perxuizos, non unha multa nin unha sanción).
Evidentemente esta noticia entraña un inmediato perigo para a supervivencia do noso Centro Social, e por iso pedimos a todas aquelas persoas solidarias que permanezan atentas a futuras convocatorias; pedimos colaboración (individual ou en conxuto) para que o espazo siga aberto, para que non o reapropie o capital e siga sendo de todas.
O C.S.O. Palavea é unha ferramenta dos movementos disidentes e contestararios da Coruña na loita contra o capitalismo e contra a
autoridade. É un espazo liberado a experimentación dun outro mundo, non só posible, se non necesario. É un oasis no deserto do pensamento único e do demofascismo liberal. Os seus usuarios cremos no que facemos, e por iso debemos defender as nosas conquistas coa determinación dos que loitan por un mundo mellor.

O “C.S.O.PALAVEA” RESISTE.

Contra as agresións do capital
LOITA SOCIAL!!!!

http://okupacorunha.wordpress.com/2013/10/03/comunicado-actividades/