Manual

Sinxelo pero práctico, o texto que tes diante nace da Oficina de Okupación, un espazo de intercambio de recursos do movemento okupa entre si, e do movemento cara afora. Foi escrito coa intención de dotar dunha serie de directrices básicas ás persoas que están a se iniciar en procesos de okupación, ou que simplemente amosan interese por estas accións que afastan a nosa vida da lóxica capitalista. Nas súas páxinas atoparás un feixe de consellos que van desde cómo entrar nun espazo deshabitado até o trato coa (in)Xustiza, Policía, donos, etc. 

Mais tamén é preciso, antes de plantexarnos calquera tipo de estratexia no plano físico, facerse cun pequeno descurso político e social para desfacernos de posíbeis sentimentos de culpabilidade coa que a moral occidental nos castiga ás veces. Sendo así, recomendamos ollar Por Qué Okupar?





Descarga o manual en pdf nesta imaxe.



Sem comentários:

Enviar um comentário