Materiais

Aquí atoparedes todo tipo de documentos relacionados ca okupación co fin de xerar debate e difusión da loita.



Descarga, copia e difunde!!



"El Síndrome de Sherwood", traballo de fin de máster de david piqué, comisario dos mossos d´esquadra: . Tácticas para minar os movementos "antisistema" e de okupación na cidade de Barcelona, 21 páxinas sen desperdicio.



"El Síndrome de Sherwood", david piqué.


"Plan de acción1 ª fase. Creación dun clima proclive ao rechazo de calquera tipo de ocupación ilegal de vivenda evitando en todo momento a mención ao movemento okupa.
Un bo detonante podería ser unha nova como a deste novembro de 2009, onde os medios de información fixéronse eco do caso dunha familia que ao voltar dun mes de vacacións, atoparon a súa   vivenda ocupada por uns inmigrantes rumanos que incluso lles cambiaran a pechadura.
2 ª fase. Xeración de debate político sobre a ocupación de vivendas.
Froito da fase anterior, hai que xerar o debate político suficiente sobre o problema das vivendas ocupadas, forzando a aparición de posturas extremas que vaian dende a criminalización das usurpacións ata a sanción punitiva aos propietarios que mantenhan unha vivenda desocupada, sexa para especular ou o que sexa. Diso encargarianse as diversas opcións políticas e os tertulianos e/ou portavoces ideoloxicamente definidos. A idea é que este debate remate nunha proposta de modificación lexislativa de amplo consenso, onde o punto de vista das opciónes políticas máis representativas vean reflexados os seus postulados (...).
3 ª fase. Aparición dun novo marco normativo.
 En nuestra versión particular de la leyenda de Robin Hood, estamos provocando deserciones mediante una amnistía general a que se integren al "sistema"(...). 
4ª fase. Ataque ao corazón de Sherwood.

O momento de ir a polos irreductibles e comezar a aplicar a lei en toda a súa extensión. Na nosa metáfora dar privilexios aos "institucionalizados" e comezar a talar as árbores do bosque (...).


5ª fase. Mantemento e control da situación".





- Manual de Okupación (okupatutambien.net, 2011).


"As oficinas de okupación pretenden difundir esta práctica como ferramenta revolucionaria que permita ás personas proporcionarse polos seus propios medios un lugar digno onde vivir e desarrollar proxectos que partan da autoxestión, demostrando así aos poderosos que non precisamos deles. A lexitimidade da okupación ten moi distintos enfoques, dado que se trata so dunha práctica, e son as persoas que a levan a cabo quenes deciden o sentido desta (...)".

"Manual de Okupación", okupatutambien.net.





- Cuaderno del Okupa (CSOA Casas Viejas, 2006).





"-Baixa!
-Non.
-Baixa!
-Non.
-Que baixes ostia!
-Vai ser que non".









- Okupación: Más que 4 paredes (1ª, 2ª e 3ª edición: Distri Maligna, 4ª edición: Distribuidora Peligrosidad Social, 2013). 



"Este fanzine escríbese dende a experiencia en diferentes Centros Sociais Okupados e vivendas, dende a visión que da estar dentro deses espazos e o que se ve dende fora, analizando e cuestionando o funcionamento, a organización, os erros e acertos que se repiten unha e outra vez en diferentes puntos xeográficos. Esperamos que estas reflexión poidan servirvos de axuda."


Okupación, Más que 4 paredes, Distribuidora Peligrosidad Social.








- Okupacio Gida (Bilboko Okupacio Bulegoa)




http://issuu.com/okupaziobulegoa/docs/okupaziogida/30?e=0




Sem comentários:

Enviar um comentário